Os nosos meles

MELODÍA DA TERRA CHÁ. COLLEITA 2016

    

Orixe: Galicia. Variedade de mel selecto da comarca da Terra Chá, na provincia de Lugo.

Descrición: “Ule a flor de breixo, en boca, floral intenso, améndoas amargas”. Presenta unha tonalidade laranxa-vermella moi aromática. Os seus matices suaves da primeira impresión rematan nun regusto que recorda ás orixes da Terra Chá.

Flora local: Entre a flora local podemos atopar prados (trevo branco, dente de león, etc.), silva, castiñeiro, breixo (especialmente Erica cinerea) e millo.

Cata Mieladictos: 85 puntos, MOI BOA.

Envases dispoñibles na serie limitada de 500 unidades:

Envase individual

  • Peso neto: 140 gr.
  • Volume: 100 ml.
  • Etiquetaxe: Cada tarriño leva unha etiqueta colgante coa sua numeración escrita a man e unha etiqueta informativa na parte inferior.

Caixiña regalo

  • Peso neto: 280 gr.
  • Volume: 200 ml.
  • Etiquetaxe: cada caixiña contén dúas unidades numeradas a mán e cunha etiqueta informativa na parte inferior.

MELODÍA DA TERRA CHÁ. COLLEITA 2017

   

Orixe: Galicia. Variedade de mel selecto da comarca da Terra Chá, na provincia de Lugo.

Descrición: “En boca tostado, froitos secos, xerez.  Notas de brezo e un lixeiro amargor.”

Cata Mieladictos: 82 puntos, MOI BOA.

Envases dispoñibles na serie limitada de 500 unidades: Envase individual

  • Peso neto: 441 gr.
  • Volume: 315 ml.
  • Etiquetaxe: Cada tarriño leva unha etiqueta colgante coa sua numeración escrita a man e unha etiqueta informativa na parte inferior.