Sobre nós

A polinización de flores é vital para o medioambiente, así como para manter a biodiversidade da natureza. Sen embargo, as abellas, unhas das principais encargadas desta misión, están a desaparecer.

Por outra banda, o uso abusivo dos azúcares brancos e diferentes edulcorantes na sociedade actual, replantexa o regreso a produtos mais naturais como pode ser o mel.

Neste contexto naceu o proxecto Melodía, buscando aportar o seu graniño de area a unha solución mundial.

O primeiro apiario estableceuse nunha aldea situada no Cabo Prior, na costa ártabra galega. A medida que o proxecto foi medrando aumentamos o número de apiarios, desta volta na Terra Chá, na Galicia interior. Obtendo así dúas variedades de mel diferentes pero complementarias.

Buscamos preservar o sentido das abellas no medio ambiente, polo que só utilizamos técnicas responsables coa natureza basadas en criterios de permacultura. Tampouco engadimos auga ou azúcares ó mel, nin deixamos as colmeas sen reservas para o inverno; polo que a producción é limitada.